Tuesday 21 de May de 2024

Feijóo avanza que o Goberno galego está dialogando coas diferentes entidades para modificar a Lei de Servizos Sociais e garantir así que as familias poidan elixir o centro que desexen



Asevera que “Galicia é unha rede de afectos e solidariedades”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou no acto conmemorativo do 50 Aniversario de Aspnais Lugo, que o Goberno galego está dialogando coas diferentes entidades para modificar a Lei de Servizos Sociais e garantir así que as familias poidan elixir o centro que desexen.

“Galicia é unha rede de afectos e solidariedades”, aseverou, ao tempo que engadiu que a Xunta non precisa inspirarse en modelos alleos porque sabe cal é o seu deber en política social, complementar e apoiar ás asociacións que o están facendo ben e impulsar marcos legais que afiancen os dereitos.

Nesta liña, salientou tamén que por este motivo o orzamento da Consellería de Política Social aumenta ata os 612 millóns de euros con especial atención aos maiores e persoas con dependencia. “E por iso increméntase nun 20 por cento a partida destinada a convenios coas federacións integrantes do CERMI, e se avanza no desenvolvemento do Plan de acción da Estratexia Galega para a Discapacidade para o período 2015-2020”, dixo.

Ademais, o responsable do Goberno galego subliñou que as xenuínas redes sociais son as que comunican e impiden que os máis desprotexidos caian na marxinalidade e o esquecemento, en definitiva, “as que forman un país máis sólido”.

Aspnais
Feijóo lembrou que nesa rede, que hai cincuenta anos se empezou a tecer con Apnais, a Xunta participa por obriga e por devoción. A este respecto, o titular da Xunta sinalou que a sé da asociación sitúase nun local cedido pola Administración galega e que o 90 por cento das prazas de residencia, centro de día e centro ocupacional están subvencionadas nun 75 por cento.